Unha das especialidades da TITELBILD é o reversioning, os comentarios e o voiceover para televisión, vídeo, internet, intranet e outros medios. Localizamos todo tipo de producións desde filmes corporativos e presentacións de produtos a documentarios, series e programas da vida real.
Somos capaces de encarregarnos de cada paso do proceso de produción, desde a tradución até a mistura final.
Tamén podemos proporcionarlle roteiros en linguas estranxeiras listos para a gravación.
Chámenos para comunicarnos os detalles da súa produción. Os nosos directores de proxecto encontrarán a solución óptima para as súas necesidades.