Volker Hagemeier, vostede é un dos directores xerais da TITELBILD. Que despertou o seu interese neste sector?Eu impliqueime neste sector por casualidade. Ao principio só ía aportar os meus coñecementos técnicos e do mundo dos negocios. Pensaba que a parte técnica non ía ocupar moito tempo. Enganeime. A TITELBILD funciona como unha interface entre o cinema, a televisión, os DVD e os aspectos lingüísticos. Por iso son moitas as exixencias técnicas. A tecnoloxía desenvólvese rápidamente e temos que estar ao menos un ano por diante dos nosos clientes para proporcionar as solucións ótimas para as súas necesidades específicas.
Que é o que lle fascina deste sector?Para empezar, a relación co cinema, unha industria que adoro. O traballo que facemos nunca é aborrecido e sempre é enriquecedor desde o ponto de vista persoal. Isto tamén se aplica ás nosas traducións. Abranguimos tantos temas interesantes nesta área que é difícil caer no aborrecemento. Tamén gosto de facer negocios coa xente que traballa nesta industria. Trátase dun campo moi creativo no que abundan persoaxes fascinantes cos que comparto a paixón polo cinema. Formar parte deste mundo è moi diferente do que traballar nas finanzas, por exemplo.
Como se acerca a TITELBILD á tecnoloxía e á innovación?As innovacións tecnolóxicas son tremendamente importantes para nós. Temos que estar ben informados para poder dar aos nosos clientes un asesoramento intelixente e obxectivo sobre os distintos sistemas disponíbeis. Os nosos clientes teñen necesidades moi diversas e cada un require unha solución á medida. A tecnoloxía que empregamos se actualiza constantemente permitindo que tamén nós sexamos cada vez máis eficientes e ofrezamos unha maior calidade. Se gravamos un filme nun arquivo dixital no disco duro do ordenador, poderemos producir subtítulos máis rápido e mellor que se usamos unha videocasete. Os glosarios persoalizados e o sistema de administración electrónica das traducións permítennos entregar aos clientes dentro de dez anos unha tradución consistente coa feita hoxe, mesmo se a fai un tradutor distinto.
A TITELBILD desenvolveu o seu propio sistema para proxectar subtítulos en festivais. Pode explicar brevemente o que é o BeamTitling®?O BeamTitling® é un sistema de subtitulado non invasivo que pode empregarse en salas e festivais de cinema. Ten a avantaxe de que os subtítulos se proxectan automáticamente no filme sen marcar a película. É unha solución perfecta.
Como pode BeamTitling® beneficiar á industria?A tecnoloxía do BeamTitling® permite proxectar a mesma copia dun filme con ou sen subtítulos. Isto ofrece aos cinemas un novo mercado. Por exemplo, poden dirixir os seus subtítulos aos surdos, unha comunidade que compón unha proporción significantiva da poboación, e desta forma aumentar o número de espectadores. Os cinemas que se dedican esencialmente a amosar películas en versión orixinal non terán que esperar a ter unha das poucas copias con subtítulos existentes: poderán planear os seus programas libremente e proxectar todas as películas con ou sen subtítulos segundo o prefiran en cada caso. E, por último, os festivais de cinema poden aumentar o número de espectadores grazas ás proxeccións con subtítulos.
Pode dicirnos en poucas palabras por que a TITELBILD é tan especial e que é o que a distingue doutras empresas?A TITELBILD distínguese doutras empresas do sector do subtitulado porque é primeiramente unha empresa lingüística, e non técnica, e encarrégase de todo tipo de demandas de tradución e subtitulado. A TITELBILD traballa exclusivamente con tradutores profesionais que traducen á súa lingua materna e que teñen coñecementos en moitos campos. Desta forma garantimos sempre un alto nível. A nosa equipa está orgullosa do que facemos aquí. Este è un dos motivos polos que nas nosas oficinas reina unha excelente atmósfera de traballo.