Mary Carroll, unha australiana en Berlín. Hai algo que podamos aprender da Australia?

A Australia é un crisol das máis variegadas étnias e culturas. En xeral, isto resultou nunha actitude aberta e tolerante cara aos outros e nunha aceptación das diferenzas culturais, persoais e lingüísticas. Como país imigrante, a Australia bebe da firme crenza de que na vida se avanza grazas á iniciativa persoal. A tolerancia, a aceptación das diferenzas e a iniciativa persoal son rasgos que se poderían cultivar un pouco máis na Alemaña.

Falando de aprendizaxe. Vostede comezou a súa carreira no campo do ensino e agora è directora xeral dunha empresa de tradución e subtitulado. Hai sinerxias?

Abofé. Sempre me interesaron as linguas e a comunicación intercultural. O teatro e o cinema eran outras das miñas paixóns, logo a consecuencia lóxica foi fundar unha empresa de tradución e subtitulado especializada nas áreas que máis me fascinaban. A miña experiencia no campo do ensino foi inestimábel na hora de organizar cursos de formación en tradución e subtitulado para os medios audiovisuais, e tamén para os servizos de asesoría, en especial no sector universitario.

Dise que un acumula coñecemento por un periodo de sete a dez anos. Vostede e moitos membros do seu equipo son expertos lingüísticos. Como se aplica este coñecemento na práctica?

Levamos proporcionando servizos de tradución e subtitulado por máis de vintecinco anos, primeiro co nome de Language Consultancy e depois como TITELBILD. Non precisa nin falar que temos unha grande experiencia ás nosas costas. Somos auténticos especialistas nunha enorme variedade de áreas que abranguen o mundo dos negocios, o márketing, as relacións públicas, a educación e as ciencias sociais, e temos unha grande importancia como expertos en traducións multilingües para os medios audiovisuais e nos servizos de aceso, en especial para surdos e persoas con deficiencias auditivas. É crenza común que os tradutores melloran coa experiencia. Felizmente, na TITELBILD temos unha excelente mistura de tradutores xoves e tradutores moi experimentados, de forma que o coñecemento pasa de xeración a xeración.

A Alemaña considérase unha sociedade do coñecemento. Ten a TITELBILD contactos coa educación universitaria superior e os círculos de investigación?

Temos fortes vínculos cos sectores universitarios alemán e estranxeiro. Non só ofrecemos estancias en prácticas e estancias profesionais a xoves titulados, mais tamén fomentamos os contactos e o intercambio de ideias e experiencia con estudantes de master e doutoramento que están a investigar temas relacionados coa tradución audiovisual, que è unha das nosas áreas de especialidade. Vexo un amplo espectro de campos nos que podemos cooperar coas universidades para beneficiar a ambas partes. Formo parte de xunta directiva da conferencia Languages and the Media, que ten lugar dúas veces ao ano en Berlín e proporciona unha plataforma na que a industria da tradución audiovisual e os académicos poden relacionarse e discutir tendencias novas e outras xa establecidas. Tamén son membro de Transforum, unha organización que se compón de delegados das universidades alemanas que ensinan tradución e interpretación, e representantes de varios sectores do mundo dos negocios que proporcionan servizos de tradución de calquera tipo. Regularmente nos visitan na TITELBILD grupos de estudantes que queren aprender sobre a tradución para os medios audiovisuais e a miúdo son invitada a falar sobre subtitulación en conferencias na Alemaña e no estranxeiro. Aos nosos proprios cursos de subtitulado asisten tradutores e profesores universitarios que queren aprender máis sobre este campo. Tamén son membro de ESIST (asociación europea de estudios sobre tradución audiovisual), do Transmedia Research Group e da BDÜ (asociación federal alemá de intérpretes e tradutores).

Vostede ven da Australia, onde a cultura do servizo ao cliente está máis establecida que na Alemaña. Que è importante para vostede como provedora de servizos e como cliente? Tal vez podería darnos algún consello para gañarmos a súa lealtade como cliente.

Gañar a miña lealtade como cliente? É simples. Só tes que ser ti mesmo. Amábel, servizal, ben informado, confiábel e competente. Mantén a mente fría cando sexa necesario e sé creativo se che presento un problema complexo. E está preparado para calquera cousa (ri). Ou estou sendo moi exixente?

Se cadra esa è a situación perfecta. Mais, a serio, penso que è bo ter unha actitude optimista e positiva: tenta facer posíbel o imposíbel, está aí para a xente. Iso explica, se callar, o longo horario da TITELBILD (de 8.30 a 20.00).