Cursos

Cursos en Berlín

Dúas veces ao ano a TITELBILD organiza na oficina central de Berlín un curso de introdución ao subtitulado de corenta horas de duración. Este curso intensivo está deseñado para tradutores profesionais e profesores universitarios que desexen acadar cualificacións adicionais e un entendemento do importante campo que è a tradución audiovisual.

O curso inclúe teoría, grupos de discusión e unha sección adicada aos aspectos técnicos do subtitulado. Outórgase especial importancia aos exercicios prácticos, que dan aos participantes a oportunidade de subtitular clipes de filmes. Os nosos experimentados monitores e os outros participantes contribúen cos seus valiosos comentarios e críticas.

Cursos en universidades e outras institucións de todo o mundo

A TITELBILD colabora con varias emisoras de televisión e universidades da Alemaña e do estranxeiro no campo da formación e a tradución audiovisual ao tempo que organiza cursos de formación para especialistas e que fan parte do programa universitario, e cursos de subtitulado para emisoras.

A directora xeral, Mary Carroll, dá conferencias sobre varios aspectos da subtitulación e da tradución audiovisual e proporciona servizos de asesoría sobre o aceso aos medios e a tradución audivisual.

A TITELBILD é socio dun número de proxectos da UE e de conferencias especializadas nas linguas e no medio audivisual, por exemplo a serie MuTra, Languages and the Media e Media for All.