Subtitling

de Jan Ivarsson and Mary Carroll

Publicado por TransEdit, Simrishamn, 1998
(ISBN 91-971799-2-2), 185 páxinas
Prezo: €35 máis €4 por gastos de envío e embalaxe (na Europa)
Prezos especiais para grandes pedidos (a partir de cinco copias)

Subtitling (1998) de Jan Ivarsson e Mary Carroll ofrece unha imaxe sistemática da arte e as técnicas do subtitulado. O libro contén capítulos adicados á historia do subtitulado e ás súas aplicacións. Tamén trata os temas da tradución, a lexibilidade e o deseño, o subtitulado para surdos e persoas con problemas auditivos, a equipa de subtitulado e o subtitulado multilingüe e para DVD. A maior parte do libro trata sobre os aspectos prácticos do traballo do subtitulador: o que se debe e o que non se debe facer, cómo establecer os tempos e cómo editar os subtítulos para acadar a maior calidade óptica e a maior aceptación do espectador. Este libro é un manual indispensábel para subtituladores e unha importante fonte de información para profesores universitarios, emisoras de televisión, distribuidores de cinema e vídeo, técnicos e outras persoas con interese nesta importante área que é a transferencia lingüística.

Reseñas de Subtitling:

"Os nosos estudantes desfrutarán certamente deste libro que é con diferencia o mellor da súa clase."
Small Planet Translation Services

"Encontro Subtitling (Simrishamn 1998) de Jan Ivarsson e Mary Carroll tremendamente útil para o ensino da subtitulación. É completo, intuitivo e moi lexible; particularmente bo para aulas cunha orientación práctica."
(Gilbert Fong, Universidade chinesa de Hong Kong)

"O que fai deste importante libro algo único é o feito de qué é verdadeira e auténticamente internacional, interesante e moi completo. Non podo pensar nun só tema que non fora tratado. Subtitling será por moito tempo a única autoridade nesta materia.”
(Helen Reid en Language Today, Marzo 1999)

“Non dubide en recomendar este libro, autoridade indispensábel, a todo produtor, director, guionista, distribuidor e exibidor que se cruce no seu camiño. Subtitular è unha arte!”
(Kino, Outubro 1999)